Páxinas

mércores, 22 de abril de 2020

Facer música con case calquera cousa

Onte ao ver este vídeo acordoume mandárvolo para que vexades que case todo ten solución. Algúns de vós deixastes a frauta no colexio, pero con "dúas palliñas", nunca mellor dito,  mirade o que se pode facer.

Frauta-palliña



Abraham Cupeiro é, para min, un xenio. Un musicazo cun talento e creatividade extraordinarios. Déixovos uns enlaces para que lle botedes un ollo ao que fai.


Sereas, do disco Os sons esquecidos, coa Real Filharmonía de Galicia
 Carnix celta. Con Carlos Núñez

2 comentarios:

  1. Anónimo28.4.20

    Moi divertido! Intenteino facer é a terceira foi a vencida! Carmen 6º de Educación Primaria.

    ResponderEliminar
  2. Queremos ver o resultado final!!
    Manda un vídeo ou unha fotiño, anda

    ResponderEliminar