Publicación destacada

Sen música, a vida sería un erro

Esta frase do filósofo alemán Friedrich Nietzsche toma agora especial importancia polos momentos difíciles que estamos a vivir. A músic...

martes, 31 de marzo de 2020

Piano virtual

Se non tedes na casa un teclado, aínda que sexa de xoguete, podedes practicar cancións e compoñer as vosas con este teclado virtual.



Se tes un Smartphone ou unha tablet, podes instalar dende Play Store, calquera destas aplicacións:




luns, 30 de marzo de 2020

Resolve o enigma

Pon a proba os teus coñecementos sobre Linguaxe Musical. Tes que ir polo mercado resolvendo actividades para poder resolver o enigma proposto polo mestre de música.

Feliz xogo!



xoves, 26 de marzo de 2020

A máquina da nostalxia

Para pequenos e maiores: escolle o ano que queiras e escoita que grupos e que temas soaban nesa data en todo o mundo.


Radio Picariña


http://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina
Nesta ligazón da CRTVG poderedes escoitar ata 1000 cancións de música infantil en galego. Hai para todos os gustos. 👂🎶


Veña, poñédevos cómodos, ao sol se pode ser... e dádelle a play!

Radio Picariña

mércores, 25 de marzo de 2020

Nos momentos difíciles, a música acurta distancias

Así comeza este vídeo no que máis de corenta músicos da orquestra de Castela e León  interpretan, cada un dende a súa casa, o Himno á alegría, da Sinfonía nº 9 de Beethoven. Trátase do último movemento, un Coral grandioso que se converteu en símbolo da liberdade e, dende o 1972, no Himno da Unión Europea.



Se cadra non sabiades que era de Beethoven, pero todas e todos o recoñecedes, non si?

martes, 24 de marzo de 2020

Sen música, a vida sería un erro

Esta frase do filósofo alemán Friedrich Nietzsche toma agora especial importancia polos momentos difíciles que estamos a vivir.

A música axúdanos a conectar uns cos outros, a comunicarnos, a sentirnos preto
A música é alegría
A música tamén é un enredo, para maiores e para pequenos
A música é vida

Ilustración de Hidekazu Himaruya

Benvidas e benvidos ao voso blog!