Benvidas e benvidos!
Este blog nace coa idea de ofrecervos recursos musicais que vos acompañen e vos divirtan nestes momentos tan estraños que nos tocou vivir.
Como é o blog?
As entradas do blog, que aparecen na parte central aparecen por orde cronolóxica.
Na marxe dereita está O arquivo de blog, que vén sendo como un resumo de entradas por mes.
Debaixo están as Etiquetas: é moi útil para buscar as entradas por temática ou por cursos.
Por último está unha lista de páxinas que me parecen interesantes.
O blog é algo en continua construción e transformación, polo que estaría ben facelo un pouquiño entre todas e todos. Para facer as vosas achegas podedes mandarme un correo, coa axuda de mamá ou papá, a este enderezo: axudademeacantar@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario