Publicación destacada

Sen música, a vida sería un erro

Esta frase do filósofo alemán Friedrich Nietzsche toma agora especial importancia polos momentos difíciles que estamos a vivir. A músic...

xoves, 30 de abril de 2020

Música en tempo de coronavirus

Hai tal cantidade de vídeos musicais circulando estes días pola rede, que a xente grava dende a súa casa, que vou abrir unha nova páxina: a música no confinamento.




Estes musicazos cataláns estanse facendo famosos cos seus vídeos, que suben diariamente, para facernos un pouco máis levadeira a vida. Neste contan coa colaboración, nada máis e nada menos, de Silvia Pérez Cruz

mércores, 29 de abril de 2020

Día mundial da danza

Hoxe é o Día mundial da danza, cousa que nos vén moito a conto coa actividade que vos propuxen esta semana (na entrada Bailas?).
Dende o  salón do libro de Pontevedra, no seu salón virtual, festexan esta data brindándonos un espectáculo en directo con Pesdelán (no cole bailamos con eles a diario: O xogo da Carrasquiña, o Baiao, a Muiñeira corrida, Caminho de viseu...)
Podedes seguilo en directo e, se non vos cadra ben, está dispoñible despois no seu canal de youtube. 

Cando?
Hoxe, ás 12:00
Onde? 
Salón virtual na súa canle de youtube ou na páxina web
Que necesitas?
Roupa cómoda para mover o esquelete e pasalo ben en familia



Non volo perdades!

domingo, 26 de abril de 2020

Bailas?

Comeza unha nova semana de confinamento e o corpo polas mañás vainos avisando de que necesita algo de movemento, así que... ímosllo dar! 
Facede unha roda con toda a familia e bailade algún dos temas que tedes arriba, na páxina "Baila", ou calquera outro que vos guste.

Se vos animades a gravarvos e enviarmo sería estupendo!  Podedes colocar a cámara para que grave só os pés, se así o preferides.

Que comece a festa!!


É marabilloso velos! a música e o ritmo sáenlles tan natural coma comer ou falar

sábado, 25 de abril de 2020

O coello de Primartis

A páxina Primartis é unha imprescindible para xogar coa música e coa plástica.

http://recursostic.educacion.es/primaria/primartis/web/a/00/ba00_02vf.html

Neste recuncho do bosque o coello levaranos a descubrir cousiñas sobre o son e as súas calidades. Segundo onde premas irás a distintos xogos: de ritmo, de sons graves e agudos, fortes e suaves...

mércores, 22 de abril de 2020

Facer música con case calquera cousa

Onte ao ver este vídeo acordoume mandárvolo para que vexades que case todo ten solución. Algúns de vós deixastes a frauta no colexio, pero con "dúas palliñas", nunca mellor dito,  mirade o que se pode facer.

Frauta-palliña



Abraham Cupeiro é, para min, un xenio. Un musicazo cun talento e creatividade extraordinarios. Déixovos uns enlaces para que lle botedes un ollo ao que fai.


Sereas, do disco Os sons esquecidos, coa Real Filharmonía de Galicia
 Carnix celta. Con Carlos Núñez

luns, 20 de abril de 2020

Tenrura

Que fermosa palabra... e que fermosa canción tomaron por himno do confinamento os nosos veciños franceses.
É un tema orixinal do francés Hubert Giraud,  escrita para o actor e cantante Bourvil e que foi versionado, entre moitos outros, por Marie Laforêt.



Podemos vivir sen riqueza
case sen diñeiro
...
pero vivir sen tenrura
non poderiamos

Laboratorio musical

Esta páxina é unha ferramenta xenial para xogar cos sons, co ritmo... ou para compoñer a túa canción.
Experimenta!



domingo, 19 de abril de 2020

O pentagrama

Un sinxelo xogo para comprobar se sabes onde "vive" cada nota no pentagrama. 
Comeza polo nivel 1 e a ver se es quen de chegar ao 6!


martes, 14 de abril de 2020

Ditados interválicos

Imos comezar por este xogo no que tedes que saber cal é a segunda nota que soa e unir correctamente. É sinxelo.




Este vai un pouquiño máis alá: escoitades unha sucesión de sons e  tedes que colocalos na orde correcta.
Ensaio-erro: o mellor xeito de aprender.


Poissonrouge

Esta páxina é marabillosa. Máxica. Eu coñecina hai anos cando aínda era de acceso libre, pero agora hai que suscribirse e só permite facer unha actividade. Ten uns trescentos xogos: de música, de idiomas, de observación, de pintura,... Sen directrices apenas, favorece que sexan os nenos quenes busquen e descubran.
Mamás, papás: se queredes, podedes probala durante 24 horas de xeito gratuíto.
É totalmente recomendable.


luns, 13 de abril de 2020

SAKURA

Veña, imos amenizar as tardes en familia co son doce e melodioso da nosa frauta. 😊

Déixovos un enlace para visitar en caso de que teñades dúbidas con algunha posición.



E agora imos aprender esta bonita canción tradicional do Xapón: Sakura

Nesta páxina podedes traballala de diversos xeitos. Antes de tocala coa frauta podes escribila no voso propio pentagrama e pórlle o nome ás notas.
Fíxádevos en que a canción baixa a un SI, nota que non temos na frauta, así que tedes que quedarvos no MI, facendo o mesmo ritmo.

Premede na partitura e a xogar!



domingo, 12 de abril de 2020

Na gruta do rei da montaña




A miña irmá pequena toca o fagot, e gravouvos este vídeo para que coñezades un pouco mellor como soa o seu instrumento.
Recoñecedes a melodía?
Siii!! É o tema ao que os máis peques lle chamades "as formiguiñas".

Déixovos máis enlaces a vídeos deste famoso fragmento de apenas dous minutos de Edvard Grieg escrito para a obra Peer Gynt, de Henrik Ibsen.


Este está xenial, pois vaivos indicando as sucesivas entradas dos instrumentos. Como podedes ver, trátase dunha pequena melodía sinxela que van repetindo as diferentes cordas da orquestra, variando a intensidade, o tempo e a altura.



LINE RIDER (por suposto 😉)



Vídeo para practicar a lectura rítmica (mágoa que o son sexa tan malo).
A versión da Orquestra Filharmónica de Berlín
Neste enlace podedes apreciar como varia o tempo (a velocidade) dende o inicio ao fin.

venres, 10 de abril de 2020

Musescore

Con esta aplicación de edición de partituras, de descarga gratuíta, podedes enredar facendo as vosas propias composicións musicais, ou simplemente escribindo aquelas que vos gusten.


Déixovos un tutorial sinxelo de como empregalo. Pero, coma sempre, apréndese "estrebellando"

Se tedes dúbidas deixádeme un comentario ou escribídeme a axudademeacantar@gmail.com

luns, 6 de abril de 2020

Trivial musical

Está xenial! Podedes xogar en familia, ata catro xogadores e hai tres niveis de dificultade.


http://contenidos.educarex.es/mci/2006/33/trivial.swf

domingo, 5 de abril de 2020

Atopa a nota que falta

Este xogo é moi simple: tedes que escoitar unha sucesión de notas, que ao mesmo tempo están escritas no pentagrama, e atinar cal é a que está agochada e non soa.
Estupendo para traballar a discriminación auditiva.


venres, 3 de abril de 2020

Simulador de Scratch

Para enredar un bo anaco xogando con bases de Hip-Hop




Historia da música

Un vídeo de sete minutos que fai un percorrido pola Historia da música, tocando brevemente estilos e compositores, os máis coñecidos.
Botádelle un ollo!






Na seguinte páxina de Julio Payno podedes movervos na liña do tempo e descubrir as cousas máis relevantes de cada período musical.


https://prezi.com/view/A0Zzkrs9uwFPPHYsMQ1a/


xoves, 2 de abril de 2020

Batería virtual

Podes pasar o rato por enriba, pero para conseguir facer ritmos máis complexos, xoga co teclado.


mércores, 1 de abril de 2020

Atrapa as notas

Xogo no que podes practicar a colocación das notas no pentagrama así como a súa discriminación auditiva.
Comeza con tres notas... e  a ver ata onde chegas!