A mover o esquelete!!
Déixovos aquí enlaces a cancións que adoitamos bailar en clase dende os tres aniños. A maioría son dun libro-cd chamado Para cantar e bailar.
Son bailes de roda sinxelos que podedes practicar en familia, porque o baile non entende de idades nin de confinamentos, e vaivos facer rir a pequenos e a maiores.

*Deixade que sexan os peques quenes volo expliquen; se hai alún que non saiban, mandádeme un correo.
Para cantar e bailar, de Luis Prego e ilustracións de serxio Cobos
Vou de roda en roda
Don Melitón
Felisa vai en coche
O lambonciño
A vasoira
Con esta as risas están aseguradas para pequenos e vellos:
Que necesitamos? unha vasoira e un número impar de participantes
Collemos rapidamente parella e o/a que quede sen ela terá que bailar coa vasoira. Cando a tire ao chan todo o mundo deberá de cambiar de parella. De novo, quen quede só ou soa terá que coller a vasoira, e así segue ata que remate o pasodoble

O xogo da Carrasquiña
Ningún comentario:
Publicar un comentario