Publicación destacada

Sen música, a vida sería un erro

Esta frase do filósofo alemán Friedrich Nietzsche toma agora especial importancia polos momentos difíciles que estamos a vivir. A músic...

domingo, 31 de maio de 2020

Paisaxe sonora

Na parte superior, pinchando en Paisaxe sonora, podedes escoitar o que fixestes vós e máis as vosas compañeiras e compañeiros.
Quedounos unha paisaxe ben chula! ☺



luns, 25 de maio de 2020

Vai de orquestras

Unha chea de  recursos para os máis pequechos que nos ofrecen dende a web dunha das mellores orquestras do mundo, a New York Philharmonic.

https://www.nyphilkids.org/games/main.phtml


A seguinte é a páxina d Orquestra sinfónica de San Francisco. O máis interesante, para min, é a selección de temas que podemos escoitar.
Gozádea!

http://www.sfskids.org/discover/

xoves, 21 de maio de 2020

Música de cores

https://studio.youtube.com/video/cAyndwoO41Y/edit/advanced

Neste vídeo dou ideas para xogar cos sons, coas cores, coa auga...
Enreda un pouco e cóntanos que che pareceu!

domingo, 17 de maio de 2020

A FALA

Videoclip de Uxía Senlle para conmemorar o Día da nosa lingua, dos nosos libros, con este tema que ten por letra o poema de Manuel María.



O idioma é o amor, 
o latexo, a verdade, 
a fonte da que agroma 
a máis forte irmandade

xoves, 14 de maio de 2020

Vai outra de compoñer

https://www.incredibox.com/demo/v3

Visto o éxito do Song maker... aquí vos deixo outra páxina. Tamén podedes gravar a vosa composición e enviarma,  se vos apetece. Neste caso ofrécevos unha serie de recursos vocais e rítmicos que vós podedes combinar como queirades.

Está moooooooi chula!!

xoves, 7 de maio de 2020

Semana cultural

Como sabedes, para a semana vaise celebrar a Semana Cultural virtual no noso cole. Dentro das actividades propostas está a de amenizar a festa de San Isidro. Xa que este ano toca ficar na casiña, o que nos queda é facer a festa nela.
Animádevos a mandar un vídeo bailando ou tocando!


A paisaxe sonora de Rois

O voso compañeiro Xoel, de 5º, deume unha gran idea o outro día cando me mandou varios fragmentos musicais feitos por el no Song maker. Déixovos aquí os enlaces para que os escoitedes:

Canción moderna
Primavera de Vivaldi
Nadal versión trap

Veña! Imos facer a paisaxe sonora do confinamento:

Por unha banda, ides xogar a ser compositores e crear unha melodía; pode ser propia ou mesmo unha canción que vos guste.
Para isto, tedes que ir á entrada Laboratorio musical, neste blog, e entrar en Song Maker: xogade, probade, investigade... e cando teñades a melodía que vos guste, dádeslle a save e enviádesme o enlace.

Aquí vos explico como podedes gardala para enviarma:


Este é o que fixen eu agora. A ver se vos soa...



Por outra banda, para completar a nosa paisaxe, ides ir, na mesma entrada, ao laboratorio Kandinsky**. Nesta páxina van convertir os vosos trazos e os vosos debuxos en música. Cando teñades o cadro sonoro que vos guste, facedes unha captura de pantalla e enviádesmo. Podedes tamén pintar ese mesmo cadro nun folio, para completar a actividade.

 Enviar ao correo axudademeacantar@gmail.com, preferentemente as dúas actividades no mesmo, e lembrade por o nome da nena ou neno.


**Este pintor ruso realacionaba cores e formas con diferentes sons e incluso con instrumentos. Déixovos uns enlaces interesantes para tomar un primeiro contacto coa súa obra.

Kandinsky Composition VIII

Así soa unha pintura de Vasili Kandinsky


Galeoke

Se tedes a oprtunidade, facédevos con algún destes dous Cds de karaokes da música galega. Están xenial!!


En youtube podedes atopar varios temas. Déixovos un que a min me encanta e me pon de moi bo humor 😊

martes, 5 de maio de 2020

Ditado melódico

 Serás quen de completar coas notas que faltan?

https://www.educaplay.com/game/1274652-dictado_musical_1.html



Guía de orquestra para xóvenes

https://edpuzzle.com/media/5de50dae6699c940a07b2b93

Benjamin Britten compuxo esta obra para dar a coñecer entre os máis pequenos os instrumentos da orquestra sinfónica.
Está baseada nunha obra do compositor inglés Henry Purcell.

venres, 1 de maio de 2020

Feliz día dos maios!

Comeza o mes dos maios e, aínda que este vai ser ben estraño, non por iso imos deixar de celebrar a chegada das flores e das cores.
Comezamos saboreando esta fermosa e marchosa versión do famoso poema de Curros Enríquez, O Maio, para a que o Consello da Cultura Galega contou coas novas voces da música galega.


Seguimos con esta actividade que nos propón Belén Ballesteros dende Aulas Galegas, e elaboraremos o noso maio do confinamento. Cando o rematedes ben podedes botar un baile arredor del. 
Mandádeme fotiños!

https://aulasgalegas.org/facemos-un-maio/