Levo moito tempo buscando esta páxina, que tiña enlazada no meu vello blog hai máis de dez anos, e non era quen de atopala.
Esta obra,
A Sinfonía nº 9 , tamén coñecida como
Sinfonía do novo mundo de
Antonín Dvořák, é unha das miñas pezas clásicas favoritas.
Nesta páxina do Carnegie Hall, que é unha histórica sala de concertos de Manhattan (Nova York), ides poder escoitar os catro movementos da obra, acompañados por imaxes que acompañan e ilustran á perfección as diferencias entre uns e outros. Poderedes ver tamén que instrumentos protagonizan cada pasaxe.
A única pega é que está en inglés, como non, polo que vos será máis difícil entender as explicacións teóricas que preceden sempre a cada escoita.
Na dereita tedes dous apartados:
glossary, onde vos define termos musicais, e
activities, onde atoparedes xogos que poñerán a proba os vosos coñecementos da obra.
Xa me contaredes se vos apaixona tanto coma a min!