Publicación destacada

Sen música, a vida sería un erro

Esta frase do filósofo alemán Friedrich Nietzsche toma agora especial importancia polos momentos difíciles que estamos a vivir. A músic...

xoves, 11 de xuño de 2020

Por fin!!! A miña páxina favorita!

Levo moito tempo buscando esta páxina, que tiña enlazada no meu vello blog hai máis de dez anos, e non era quen de atopala.
Esta obra, A Sinfonía nº 9 , tamén coñecida como Sinfonía do novo mundo de Antonín Dvořák, é unha das miñas pezas clásicas favoritas.

Nesta páxina do Carnegie Hall, que é unha histórica sala de concertos de Manhattan (Nova York), ides poder escoitar os catro movementos da obra, acompañados por imaxes que acompañan e ilustran á perfección as diferencias entre uns e outros. Poderedes ver tamén que instrumentos protagonizan cada pasaxe.
A única pega é que está en inglés, como non, polo que vos será máis difícil entender as explicacións teóricas que preceden sempre a cada escoita.

Na dereita tedes dous apartados: glossary, onde vos define termos musicais, e activities, onde atoparedes xogos que poñerán a proba os vosos coñecementos da obra.


Xa me contaredes se vos apaixona tanto coma a min!

mércores, 10 de xuño de 2020

Outra chulada!

https://toytheater.com/category/music/

Como ides co inglés?
Nesta páxina ides poder practicalo, coma en case todas as que vos subín deste estilo.

Se entrades en "composer" podedes escribir unha melodía e escoitala despois.
Hai tamén dous pianos (un deles máis simple, só de unha oitava) e un xilófono nos que podedes tocar cancións, improvisar... e gravarvos.

Atoparedes máis actividades interesantes, non só de música.
Estrebellade!!

martes, 9 de xuño de 2020

Soundtoys

Nesta páxina de proxectos audiovisuais de artistas do máis diverso, ides poder desfrutar dunhas experiencias sensoriais marabillosas.

http://www.soundtoys.net/

Algo diferente, sen dúbida

Para acceder aos contidos creados especialmente para vós, facede clic en "for kids"

domingo, 7 de xuño de 2020

Vai de música

Canto sabes sobre linguaxe musical? Ponte a proba con este cuestionario!

quizizz.com/join?gc=7806275

Quizizz sobre o noso blog

Coñeces ben o noso blog?

Entra neste cuestionario e faino todas as veces que queiras, ata ter o máximo número de acertos posibles. Cando o remates podes ver as respostas correctas e saber así por que fallaches.

sábado, 6 de xuño de 2020

Xilófono, metalófono e carillón virtuais

Ten un son bastante real, así que é estupendo para estudar aquí as vosas partituras.
Davos a opción de pór #FA e bSI, e podedes escoller entre o son do xilófono, do metalófono ou do carillón.
Tamén podedes tocar co rato ou co teclado (vai ser máis áxil), facendo clic no A


http://xilofono.onlinegratis.tv/virtual/tocar-xilofono.htm

xoves, 4 de xuño de 2020

Do re mi musika bizi

Nesta páxina atoparedes infinidade de actividades musicais adaptadas ás distintas idades.
Está xenial, e ofrece o galego como idioma, algo máis ben pouco habitual.

http://moodle.donostiaeskola.org/doremi/gl/#pll_switcher

mércores, 3 de xuño de 2020

Segue o ritmo!

Colle unha culler, un pau, un lapis... o que teñas á man, e xoga a seguir o ritmo con estes divertidos ritmogramas.



Robot dos instrumentos

Este xogo é moi divertido... eu aínda enredei un anaco nel.

O robot quere ordenar os instrumentos, pero precisa a túa axuda. Utiliza as frechas de dirección para movelo e recoller cada instrumento. Logo deberás deixalo na caixa que lle corresponda.
WOODWIND =vento madeira                 BRASS = vento metal      
PERCUSSIONS = percusión                          STRINGS = corda


https://www.nyphilkids.org/games/frenzy/instrumentfrenzy.swf


martes, 2 de xuño de 2020

Uns artistas estes de terceiro...

Noa Vigo e Xoel Aneiros déronme permiso para compartir con vós este material inédito: a primeira como súper percusionista e o segundo como compositor .
Xa vedes. Uns musicazos!