Publicación destacada

Sen música, a vida sería un erro

Esta frase do filósofo alemán Friedrich Nietzsche toma agora especial importancia polos momentos difíciles que estamos a vivir. A músic...

xoves, 7 de maio de 2020

A paisaxe sonora de Rois

O voso compañeiro Xoel, de 5º, deume unha gran idea o outro día cando me mandou varios fragmentos musicais feitos por el no Song maker. Déixovos aquí os enlaces para que os escoitedes:

Canción moderna
Primavera de Vivaldi
Nadal versión trap

Veña! Imos facer a paisaxe sonora do confinamento:

Por unha banda, ides xogar a ser compositores e crear unha melodía; pode ser propia ou mesmo unha canción que vos guste.
Para isto, tedes que ir á entrada Laboratorio musical, neste blog, e entrar en Song Maker: xogade, probade, investigade... e cando teñades a melodía que vos guste, dádeslle a save e enviádesme o enlace.

Aquí vos explico como podedes gardala para enviarma:


Este é o que fixen eu agora. A ver se vos soa...



Por outra banda, para completar a nosa paisaxe, ides ir, na mesma entrada, ao laboratorio Kandinsky**. Nesta páxina van convertir os vosos trazos e os vosos debuxos en música. Cando teñades o cadro sonoro que vos guste, facedes unha captura de pantalla e enviádesmo. Podedes tamén pintar ese mesmo cadro nun folio, para completar a actividade.

 Enviar ao correo axudademeacantar@gmail.com, preferentemente as dúas actividades no mesmo, e lembrade por o nome da nena ou neno.


**Este pintor ruso realacionaba cores e formas con diferentes sons e incluso con instrumentos. Déixovos uns enlaces interesantes para tomar un primeiro contacto coa súa obra.

Kandinsky Composition VIII

Así soa unha pintura de Vasili Kandinsky


2 comentarios:

  1. Buenos días:

    La página que muestras para descargar en MIDI y conseguir el "embed code" para insertar en web no aparece, las imágenes del blog después de darle a save no se corresponden con nuestra realidad.

    Un saludo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Este comentario foi eliminado polo autor.

      Eliminar